28 de dec. de 2014

CABALGATA DE REISES

O día 5 de Xaneiro, estaremos acompañando os Reises magos de Oriente, esperamos que todos os nenos das Pontes estaredes atentos a sua chegada, e recibiremolos a ritmo de muiñeiras e xotas.

22 de ago. de 2014

9 de xuño de 2014

2ª FOLIADA SANTA PALLETA

Animadevos o 14 de Xuño a celebrar a segunda foliada de Santa Palleta,

Teremos durante o día un curso de fabricación de palletas impartido polo artesán Xaime Pena, toda persoa que estee interesada pode poñerse en contacto con Xaime no telefono 664332421.

E todo grupo que se queira apuntar para actuar en Santa Palleta pode facelo mandando un email a santapalleta@gmail.com, indicando o nome do grupo e unha persoa de contacto co seu teléfono.
As 12 da noite faremos a procesión no recinto da foliada a ritmo de paodoble (pasodoble cabezudos)
Temos zona de acampada con duchas, tamén dispoñemos de una area para autocaravanas.

A Foliada farase baixo una carpa situada na piscina da cafetería do LAR

Haberá una polbeira con polbo e churrasco.

Este día faremos o irmandamento de Santa Palleta das Pontes co San Pipote de Bardaos
A tardiña arredor das 6 da tarde faremos un percorrido turístico dende o centro do pobo das Pontes (caseta do parque) ata o LAR, levando a Santa Palleta e San Pipote para que se vaian coñecendo e o mismo tempo enseñandolle lugares de lecer como poden ser os nosos bares dos cales a nosa Santa e ben coñecedora.

Animádevos, que a foliadiña ven boa!
 (4 fotos)

FESTA EN SAN PEDRO DE EUME

O sabado día 6 de Xuño tocaremos en San Pedro de Eume, polo medio día o rematar a misa tocaremos a procesión, e arredor das 5 da tarde amenizaremos a comida con xotas e muiiñeiras




21 de feb. de 2014

XXXIV FEIRA DO GRELO AS PONTES 2014

O vindeiro Domingo día 2 de Marzo estaremos facendo un pouco de ambiente na XXXIV Feira do Grelo das Pontes




12 de feb. de 2014

64 FOLIADA

O vindeiro venres 28 de Febreiro tocanos a os Trevillas organizar a Foliada das Pontes, que se celebra na cafeteria LAR, o último venres de cada mes.
Coincidindo esta co venres do Entroido, animasvos a que veñades disfrazados, facendo así unha foliada distinta.
Esperamosvos e suguro que o paseremos moi ben.
Aqui vos queda o cartel