A Nosa Historia

A NOSA HISTORIA


OS COMEZOS

Uns amigos de As Pontes, ós que nos gustaba a música, comezamos a aprender a tocar a flauta alá polo ano 1993 no baixo dunha carpintería, da man do músico autodidacta MANUEL SEIJO. Logo aprendeunos a tocala gaita, e co paso do tempo decidimos formar un grupo, que naceu no ano 1995 chamado: "OS TREVILLAS".





OS TRAXES

Comezamos a tocar vestidos de paisanos con chaleco, vaqueiros e boina, e foi precisamente pola nosa vestimenta de onde xurdiu o noso nome: "OS TREVILLAS" (pola trevilla do chaleco). Logo trocamos a vestimenta por un traxe típico galego, motivo en parte, por colaborar cá sección de baile galego do GRUPO XUVENIL DE AS PONTES. O GRUPO DE OS TREVILLAS O grupo actualmente está formado por cinco compoñentes: Bieito Rivas (tamboríl), Xosé Sanjurjo, Francisco Castro, Xosé Guerreiro (gaitas), e Manolo López (Bombo).





A NOSA MÚSICA

O noso primeiro disco presentámolo o día 22 de outubro do 2005 no Cine Alovi de As Pontes, chámase DALLE DALLE, está feito de pezas tradicionais galegas, e tamén incluimos nel, unha canción que nos aprendeu o sacristán de As Neves.

Ningún comentario: